martes, 27 de febreiro de 2024

TRABALLO 13. Anatomía artística

 

 

Na lámina DINA3 que se entrega na clase, debuxar o esqueleto na situación correcta dentro do corpo (fronte, espalda e perfil). Aquí tedes un Enlace a unha páxina de Pinterest con ilustracións anatómicas de varios tipos e un enlace para consultar información sobre o esqueleto e a musculatura. Técnica: lapis de cor fría (azul, violeta...). Data de entrega: calquera día da semana do 4 ao 8 de marzo (na hora de clase).

xoves, 22 de febreiro de 2024

Traballo 12. Mans e pés

 

Cinco debuxos realistas a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é imprescindible. Cada un dos debuxos ocupará un formato DINA4 completo (unha man nun DinA4, outra noutro...etc) Na aula adicaremos dúas sesións a este traballo.
Data de entrega: Luns 4 e Martes 5 de marzo. (O alumnado que o luns vaia á saída a Pontevedra pode deixar os debuxos grapados na conserxería ou entregalos o martes na sala de profesores ao comezo do recreo se non ten clase de debuxo ese día)

Exemplo do traballo: