luns, 16 de decembro de 2019

Traballo 12. Mans e pés

Cinco debuxos a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de dorso, puño e escorzo, e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é imprescindible.
Data de entrega: Luns, 13 de xaneiro

domingo, 8 de decembro de 2019

Traballo 11. O Punto_Genovés e Lemes

Reflexionar plásticamente sobre os conceptos de colectividade / movementos sociais (por exemplo, as reivindicacións feministas do movemento violeta) empregando os recursos conceptuais e estéticos da obra de Juan Genovés e/ou Moneiba Lemes. DINA3, técnica libre. Data de entrega: luns 16 de decembro (pero excepcionalmente poderánse entregar ata o xoves 19).
Enlace para ver no programa Imprescindibles un documental sobre Juan Genovés

E algúns traballos feitos polo alumnado de cursos anteriores (baseandose exclusivamente na obra de Genovés e na idea de marxinación):








venres, 6 de decembro de 2019

Certame Hábitat: Premiados

Xa saíron publicados os debuxos gañadores do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat 2019. Damos a noraboa aos tres gañadores, pero tamén estamos moi contentos coa seleción dos doce finalistas, os mellores debuxos de cada especie na categoría de máis de 14 anos de idade. Dos doce seleccionados nada menos que seis son alumnas (e alumno) de 2º Bac de Adormideras!!!

Parabéns a: Ruth Armendáriz, Amina de la Fuente e Gabriela Río de 2ºD e a Antía Formoso, Daniel Martínez e Lucía Pombo de 2ºE. Aquí están os seus traballos:
Deixo un enlace por se queredes consultar a noticia no blog do grupo.

luns, 2 de decembro de 2019

Traballo 10. Debuxo libre

Entrega un debuxo a DINA3 e técnica libre do que queiras. O que che guste debuxar, sen límite de temática ou estilo. Data de entrega: luns 9 de decembro.

venres, 22 de novembro de 2019

Traballo 9. Autorretrato á maneira de...

Primeiro, estuda a obra de Egon Schiele e Pat Andrea, especialmente os seus debuxos. Analiza o tipo de liña que empregan, as cores elixidas e a aplicación das mesmas, a composición dentro do papel, a actitude dos retratados...
Aquí tes algúns enlaces como guía:
Egon Schiele:
WikiArt
Pinterest
Complete Works
 

Pat Andrea:
Pinterest
Google
Video

Despois: En DINA3, fai un autorretrato (ou un retrato dun compañeiro ou compañeira de clase de DEAII, para que eu sexa quen de ver o parecido) empregando unha ou varias das seguintes técnicas: grafito, carboncillo, lapis de cor (pode ser acuarelable), rotuladores, acuarela e témpera. Usa como inspiración os debuxos dos artistas propostos, non as pinturas (ten que haber predominio da liña sobre a mancha de cor). Data de entrega: luns, 2 de decembro.

Deixo aquí o tipo de debuxos aos que me refiro:










mércores, 6 de novembro de 2019

Traballo 8. Copia de cinco debuxos "modernos"

Copia de cinco debuxos "modernos". Como segunda parte do traballo anterior, copia agora cinco debuxos de artistas moi diferentes. De novo: DINA4, análisis previo de trazado e técnica para que o resultado sexa o máis parecido posible ao orixinal. A data límite de entrega de ambos traballos (T7 e T8: dez debuxos) será o 18 de novembro.


Egon Schiele
R.B.Kitaj



Paula Rego



Pat Andrea


David Hockney

luns, 4 de novembro de 2019

Traballo 7. Copia de 5 debuxos clásicos

Traballo 7. Facer unha copia en DINA4 de cada un dos cinco debuxos seguintes, estudando especialmente o tipo de trazado e valoración empregados polo artista en cada caso. Buscar a técnica máis similar.a empregada no modelo. Data de entrega: 11 de novembro (se houbese moita carga de exames/traballos, poderase entregar xunto ao Traballo 8 o 18 de novembro)


Ingres

Goya

Durero

Leonardo

Watteau

luns, 28 de outubro de 2019

Traballo voluntario_Scketchbook

Proxecto "Sketchbook"de participación voluntaria





("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)



Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).


Datas de entrega:

27/01/20: 36 páxinas rematadas

23/04/20: 80 páxinas rematadas
Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a grafito, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 15 de novembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos (a profesora indicará a cal). Na terceira avaliación entregaráse (21 de abril) con 80 páxinas (mínimo) rematadas e servirá como unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro.



xoves, 24 de outubro de 2019

Traballo 6. Exame PAU 2010

Traballo 6. Exame PAU Xuño2010. Opción1, exercicio 1.
Realizar un debuxo onde interveñan como mínimo tres elementos dun taller mecánico, elixidos de entre os seguintes: caixa de ferramentas, tarro de pintura, roda dun coche e cono de situación. Un dos obxectos deberá estar solapado e todos estarán dispostos nunha superficie horizontal. A organización do debuxo e a súa composición fundamentaranse na situación espacial dos obxectos, nas súas proporcións e nas relacións de claroscuro. DINA3. Grafito

Data de entrega: luns, 4 de novembro

luns, 21 de outubro de 2019

Traballo 5. Debuxo Analítico / Síntese

Traballo 5: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado.    Data de entrega: Luns 28 de outubro.


Aquí están algúns dos vosos traballos: