xoves, 20 de decembro de 2018

T9. Traballo de Nadal (liñas e tramas)

Haberá que entregar dúas prácticas de liña a tinta (boli, plumilla, pluma, rotulador...) en formato DINA3. Data de entrega: Venres, 11 de xaneiro.

Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros cantas máis liñas se crucen para formar a trama).
Na segunda lámina DINA3, en tinta tamén, hai que facer un debuxo libre (bodegón, retrato, paisaxe...) onde o claroscuro sexa resolto a base de tramas de liñas paralelas entre si, como as practicadas na lámina primeira.

Aquí tedes algúns exemplos por se axudan a aclarar o exercicio:




E se quedades con ganas de máis liña, aconsello a seguinte práctica (non obrigatoria, pero si moi aconsellable) para practicar diferentes tipos de tramas a liña:

venres, 14 de decembro de 2018

xoves, 13 de decembro de 2018

Traballo 8. Elementos básicos da plástica "o Punto"

Traballo 8: Reflexionar plásticamente sobre o concepto de colectividade / marxinación, empregando os recursos conceptuais e estéticos da obra de Juan Genovés. DINA3, técnica libre. Data de entrega: venres 14 de decembro.
Enlace para ver o documental sobre Juan Genovés (Control+clic):

E algúns traballos feitos polo alumnado de cursos anteriores:








sábado, 1 de decembro de 2018

Traballo 7. Mans e pés

Cinco debuxos a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de dorso, puño e escorzo, e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes.
Data de entrega: Venres, 14 de decembro