luns, 11 de decembro de 2017

Traballo 11 + Traballo de Nadal

Á volta das vacacións de Nadal (luns, 8 de xaneiro), haberá que entregar:
  • O traballo 11:
          • Opción A:Debuxo propio en DINA 3. Técnica libre
          • Opción B:Debuxo vs. foto: Traballo ao estilo Ben Heine (sobre foto elixida, superpoñemos un debuxo de parete da imaxe e refotografiamos)
  • O traballo de Nadal: cinco debuxos a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de dorso, puño e escorzo, e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. 
Boas vacacións a todas e todos!!!

Traballo 10._Exame PAU 2015. Xuño. Opción B

Con técnica libre* (e en DINA3) realizar unha interpretación da obra de CANALETTO (Giovanni Antonio Canal), c.1723-1724: Piazza San Marco. Óleo sobre tea, 141,5 x 204,5 cm. Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid.
Data de entrega:  Luns 18 / 12 / 17

* Como base da interpretación partiremos dunha estrutura liñal, documentándonos sobre a obra da pintora portuguesa Vieira da Silva. 







mércores, 29 de novembro de 2017

Certame Hábitat_Premios

Xa están publicados os traballos gañadores do Certame Hábitat, que podedes consultar na súa páxina web.
Aquí vai un adianto, para os máis impacientes:
Os premios en metálico foron para os seguintes traballos:
E aquí están os demais gañadores (o mellor debuxo de cada especie) na categoría de maiores de 14 anos, entre os cales temos un bo número de alumnos do IES Adormideras. Noraboa a todas e todos!

venres, 24 de novembro de 2017

Traballo 9. Autorretrato á maneira de...

Elixir un debuxo dos dez copiados nos traballos 7 e 8, documentarse acerca doutras obras (especialmente debuxos) do autor e realizar un autorretrato empregando recursos similares. DINA3 e técnica parecida aos debuxos orixinais do artista elixido.Entrega o luns 4 de decembro.

luns, 6 de novembro de 2017

Traballo 8. Copia de cinco debuxos modernos

Copia de cinco debuxos "modernos". Como segunda parte do traballo anterior, copia agora cinco debuxos de artistas moi diferentes. De novo: DINA4, análisis previo de trazado e técnica para que o resultado sexa o máis parecido posible ao orixinal. A data de entrega de ambos traballos (T7 e T8: dez debuxos) será o 20 de novembro. NOVA DATA DE ENTREGA: 23 de novembro


Egon Schiele
R.B.Kitaj



Paula Rego



Pat Andrea


David Hockney

Traballo 7. Copia de cinco debuxos clasicos

Traballo 7. Facer unha copia en DINA4 de cada un dos cinco debuxos seguintes, estudando especialmente o tipo de trazado e valoración empregados polo artista en cada caso. Buscar a técnica máis similar.a empregada no modelo. ATENCIÓN: a data de entrega dos traballos 7 e 8 será o 20 de novembro. NOVA DATA DE ENTREGA: 23 de novembro


Ingres

Goya

Durero

Leonardo

Watteau

venres, 3 de novembro de 2017

luns, 30 de outubro de 2017

Traballo 6

Traballo 6. Exame PAU Xuño2010. Opción1, exercicio 1.
Realizar un debuxo onde interveñan como mínimo tres elementos dun taller mecánico, elixidos de entre os seguintes: caixa de ferramentas, tarro de pintura, roda dun coche e cono de situación. Un dos obxectos deberá estar solapado e todos estarán dispostos nunha superficie horizontal. A organización do debuxo e a súa composición fundamentaranse na situación espacial dos obxectos, nas súas proporcións e nas relacións de claroscuro. DINA3. Grafito

luns, 23 de outubro de 2017

Traballo 5. Interpretación

Traballo 5. Interpretación, con técnica libre, da obra de Francisco de Goya "Majas en el balcón" (1808). Exame PAU Xuño 2012. Opción B. DINA3

luns, 16 de outubro de 2017

Traballo 4: Bodegón + síntese

Traballo 4: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado.   


Aquí tedes uns exemplos:







luns, 2 de outubro de 2017

Traballo 3. "Para a cama"

Traballo 3. "Para a cama". A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama. Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores:








luns, 25 de setembro de 2017

Traballo 2. Práctica de cor: certame do grupo naturalista Hábitat

Para o segundo traballo, teredes que presentar (como mínimo) dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat (bases) Entrega: luns , 30 de setembro.
  • Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
  • A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
En cada debuxo representaredes a un exemplar das seguintes especies:
  1. Merlo rieiro / Cinclus cinclus
  2. Rascón / Rallus aquaticus
  3. Ouriolo / Oriolus oriolus
  4. Lavandeira real / Motacilla cinerea
  5. Auganeira / Galemys pyrenaicus
  6. Rata de auga / Arvicola sapidus
  7. Morcego de Daubenton / Myotis daubentonii
  8. Dentesil / Osmunda regalis
  9. Freixo común / Fraxinus excelsior
  10. Abeleira / Corylus avellana
  11. Ra verde / Pelophylax perezi
  12. Boga / Chondrostoma polylepis
  13. Gaiteiro azul / Calopteryx virgo
  14. Libeliña do luscofusco / Boyeria irene
  15. Mosca da pedra / Dinocras cephalotes
  16. Mosca de maio / Ephemera danica
Por detrás de cada debuxo, a lapis, deberá indicarse:
  • Nome e apelidos completos do autor/a
  • Título da obra
  • Especie elixida 
A continuación, algúns dos debuxos feitos por vós: