venres, 30 de outubro de 2020

Traballo 5. Debuxo Analítico / Síntese

Traballo 5: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado (en total, entregaredes dous DINA3)

Data de entrega: Luns 16 de novembro.

Aquí tedes algúns exemplos:










luns, 26 de outubro de 2020

Traballo 4. Interpretación do díptico dos Duques de Urbino

 

Interpreta a obra de Piero Della Francesca "Díptico dos Duques de Urbino" (temple sobre tabla, 1472) en DINA3 e Técnica libre. Entrega o martes 3 de novembro. No seguinte enlace podedes ver exemplos de traballos de interpretación doutros anos.

 

venres, 9 de outubro de 2020

Traballo 3. Gradacións en tinta

 

Traballo 3. "Para a cama". A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.
ATENCIÓN: NOVA data de entrega: 26 de outubro
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores:
















domingo, 4 de outubro de 2020

Traballo 2. Nove obxectos cotiáns

Traballo 2. Debuxa nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Entrega: Martes, 13 de outubro (os grupos que non teñan clase nesa data entregarán o traballo na primeira clase de DEAII a partires do día 13)

A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores: