luns, 20 de febreiro de 2017

Traballo 14. Acuarela

Reproduce o máis fielmente posible o seguinte bodegón con acuarela en DINA4. Como temos festas de Entroido, a entrega será o luns 6 de marzo. Aproveitade tamén os días a maiores para facer acuarelas do natural no voso sketchbook (cinco polo menos), que revisarei na seguinte entrega de sketchbook dentro dun mes.


xoves, 9 de febreiro de 2017

Traballo 13

PROBAS DE ACUARELA. En papel de acuarela, facer as seguintes prácticas:

Formato: 1 DINA3 ou 2 DINA4 (papel de acuarela). As probas guiadas son as que aparecen aquí arriba (DINA4) con outro formato igual faránse as nove probas libres. ENTREGA: Luns 20 de febreiro


martes, 7 de febreiro de 2017

ENLACES DE ACUARELA

Déixovos aquí algún enlace útil para facer algunhas prácticas de acuarela:

Un tutorial para traballar húmido sobre húmido da serie pintarconmarta de youtube
https://www.youtube.com/watch?v=P6SHsnfrzOU

Outro tutorial con diferentes técnicas, algunhas das cales forman parte do traballo nº 13:
https://www.youtube.com/watch?v=K-KYHJriivw

E un exemplo de uso do líquido enmascarador na pintura dunhas gotas de auga realistas:
https://www.youtube.com/watch?v=RkOhwF73lqQ&list=PLrDxMf3us-KS8Caij1TGNSDCB5KDL0nGM