mércores, 18 de novembro de 2015

Criterios de cualificación


DEBUXO ARTÍSTICO II

    Criterios de cualificación

Os criterios de cualificación a ter en conta na avaliación de cada traballo polo profesor/a serán os seguintes:
  • Aplicación correcta dos contidos conceptuais adecuados á consecución da mensaxe proposta.
  • Dominio das técnicas de debuxo e posta en práctica para a consecución da mensaxe proposta.
  • Manexo correcto dos instrumentos e materiais empregados.
  • Presentación e acabado dos traballos, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.
  • Adecuación ás instrucións e condicións postas polo profesor para cada traballo.
O resultado de cada avaliación virá dado pola media dos traballos e probas avaliadas e terá en conta o grao de consecución dos obxectivos formulados nesta programación e a evolución do alumno/a durante o curso.
Cada trimestre faranse dúas probas avaliables (excepcionalmente poderá ser unha máis se é necesario), que poderán ser de carácter teórico ou práctico e que suporán o 50% da nota. Avaliaranse tamén un mínimo de catro traballos con nota numérica, que suporán o outro 50% da nota, empregando os demáis para comentario conxunto na aula e axuste de nota (non terán un peso de máis do 10%)
Non se fará media se as notas de exame ou do conxunto dos traballos do trimestre non chegan ao catro.

Os traballos entregados fóra de prazo só se recollerán se o alumno/a non asistiu ás clases na data prevista para a súa entrega por falta xustificada e documentada oficialmente (mediante xustificante médico ou similar), en aplicación das normas impostas polo centro para a realización de exame. Ditos traballos deberán entregarse en canto o alumno se incorpore despois da falta.

Información para o alumnado sobre os criterios de avaliación



INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DEBUXO ARTÍSTICO II – CURSO 2018 / 2019

Procedementos e instrumentos de avaliación

Os alumnos/as serán avaliados da materia mediante os seguintes instrumentos:
  • Traballo na aula, con correccións do profesor/a e anotación por parte deste/a acerca do emprego dos distintos materiais, aplicación das correccións recibidas progresión, e carencias a corrixir.
  • Presentación de traballos sobre os contidos do curso, realizados na aula e na casa, seguindo as instrucións dadas polo profesor/a en canto a formato, técnicas, materiais, etc, que se deberán entregar nas datas indicadas.
  • Realización de probas teórico-prácticas nas que se poñan en práctica os contidos esixibles, no tempo indicado polo profesor/a e seguindo as instrucións que se dean.
Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado
Os criterios de cualificación a ter en conta na avaliación de cada traballo polo profesor/a serán os seguintes:
  1. Aplicación correcta dos contidos conceptuais adecuados á consecución da mensaxe proposta.
  2. Dominio das técnicas de debuxo e posta en práctica para a consecución da mensaxe proposta.
  3. Manexo correcto dos instrumentos e materiais empregados.
  4. Presentación e acabado dos traballos, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.
  5. Adecuación ás instrucións e condicións postas polo profesor para cada traballo.
O resultado de cada avaliación virá dado pola media dos traballos e probas avaliadas e terá en conta o grao de consecución dos obxectivos formulados nesta programación e a evolución do alumno/a durante o curso:

Instrumentos de avaliación
Nº traballos avaliables
Ponderación sobre a nota
Traballo na aula
Diario
10 %
Traballos semanais
Catro / cinco por avaliación
40 %
Probas prácticas
Dúas por avaliación
50 %
Traballos a maiores / excelentes
Catro / cinco por avaliación
Até un punto máis na nota (10 %)

Non se fará media se as notas de exame ou do conxunto dos traballos do trimestre non chegan ó catro.
Os traballos entregados fora de prazo só se recollerán se o alumno/a non asistiu ás clases na data prevista para a súa entrega por falta xustificada e documentada oficialmente (mediante xustificante médico ou similar), en aplicación das normas impostas polo centro para a realización de exame. Ditos traballos deberán entregarse en canto o alumno se incorpore despois da falta.
Todos os traballos elaborados polos alumnos/as deberán permanecer en posesión do profesor/a ata finalizar as datas oficiais de reclamación ás cualificacións.

Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes

Mecanismos para recuperar unha avaliación non superada

Se a avaliación non foi superada por falta (ou pouca calidade) de traballos entregados, indicarase a cada alumno/a os traballos que debe volver a realizar e que se entregarán nunha data fixada da terceira avaliación. Nalgúns casos se recuperará a nota dun traballo por medio de traballos posteriores que serven para avaliar o mesmo estándar, polo que non se pedirá a repetición dos traballos anteriores. No caso de ter faltado a exames por causa xustificada e debidamente documentada, repetirase o mesmo. Se non houbese xustificación, o alumno poderá presentarse ao exame final de xuño. Igualmente, os alumnos que non acaden o aprobado nalgunha avaliación por non ter chegado ao catro nas probas teórico-prácticas, poderán presentarse á proba ordinaria de xuño e á extraordinaria (a partir deste curso, tamén en xuño). O profesor facilitará a recuperación da materia con traballos de reforzo e orientacións metodolóxicas.

Avaliación final

A cualificación final do curso obterase da media das tres avaliacións (antes do redondeo), ponderadas do seguinte xeito, que valora a evolución do alumno durante o curso:
1ª avaliación
2ª avaliación:
3ª avaliación

30%

30%

40%


A nota final expresarase cun número enteiro. Os decimais redondearanse tendo en conta o primeiro decimal:
  • se é >5, redondéase até o seguinte número enteiro
  • se é <5, redondéase até o anterior número enteiro
  • se é =5, redondéase até o anterior número enteiro
Se o resultado de dita media é inferior a 5, ou se perdeu o dereito a avaliación continua, o alumno/a deberá presentarse a unha proba de avaliación final, que consistirá nun exame práctico presencial.

Avaliación extraordinaria de xuño

O alumnado que non acade o aprobado en xuño, poderá presentarse a unha proba práctica a finais de xuño, nas datas previas ás que marque a Consellería para as probas ABAU de xullo.