martes, 19 de setembro de 2023

"Proxecto Sketchbook" de participación voluntaria

 ("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)


Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 160 ou máis).

ATENCIÓN, cambio de datas da 1ª entrega:
Datas de entrega:Na semana do 5-9 de febreiro: 45 páxinas rematadas

Na primeira semana de abril: 75 páxinas rematadas


Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 1 de novembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos. Na terceira avaliación entregarase (1ª semana de abril) con 75 páxinas (mínimo) rematadas e poderá substituír unha das notas de exame. ATENCIÓN: CAMBIO DE DATA DE ENTREGA FINAL: PASA Á 2ª SEMANA DE ABRIL
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática, a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un enlace a máis debuxos do grupo USK_España



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario