luns, 24 de outubro de 2016

Obras en carboncillo

Para que vos sirva de inspiración, unha mostra de debuxos moi diferentes pero interesantes todos. Se vos gusta unha obra en particular buscade máis traballos do mesmo autor.

Traballo 5. Interpretación

Traballo 5. Interpretación, con técnica libre, da obra de Hans Baldung Grien "Retrato dunha dama" (1530). Exame PAU Xuño 2015. Opción A

E as vosas interpretacións:













domingo, 16 de outubro de 2016

Valoración: Conceptos básicos

Como sabedes, a valoración consiste no tratamento de luces e sombras nun debuxo. Para repasar algúns conceptos básicos do tema, déixovos aquí os seguintes enlaces:


Traballo 4. Bodegón + síntese

Traballo 4: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado.   


Aquí tedes uns exemplos:





E, acontinuación, traballos realizados neste curso:








martes, 11 de outubro de 2016

Este luns vai sen traballo semanal

Vendo as dificultades de base que hai, esta semana quero que vexades con atención os tres titoriais que hai colgados neste blog e que practiquedes o trazado de perspectivas do cadrado e da circunferencia empregando os coñecementos de perspectiva cónica intuitiva que estivemos vendo na clase teórica do luns.

luns, 3 de outubro de 2016

Traballo 3. Bodegón: tres elementos do almorzo

Traballo 3. Bodegón: tres (ou máis) elementos do almorzo, nunha composición que che guste, nun DINA3: media folla para o bodegón a grafito e a outra media para o mesmo bodegón a tinta (pódese cambiar a disposición dos elementos, pero deben ser os mesmos que no primeiro bodegón).

Algúns dos mellores traballos:









Traballo 2. Dobre retrato do natural

Traballo 2. Dobre retrato do natural (de fronte e desde outro punto de vista). Grafito en DINA3 (media folla para cada retrato)

Traballo 1. Nove obxectos cotiáns

Traballo 1. Debuxar nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito.

Aquí algúns dos traballos feitos este ano: