venres, 1 de xuño de 2018

Catálogo Ilustradas: Presentación e entrega de premios

Finalmente, o Catálogo de Ilustradas fíxose con 50 ilustracións, das cales 10 son de alumnas (si, si, todas mulleres) de Adormideras.


Tanto entrega de premios como a presentación e entrega do Catálogo Ilustradas ao alumnado cuxa ilustración figura no catálogo, terá lugar nun acto que se celebrará o vindeiro venres 22 de xuño ás 11:30 h na Sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña, situada na Avda do Porto, num 2.
Durante o acto farase tamén entrega de tres premios patrocinados, achega dos
establecementos colaboradores no proxecto: Sutega (A Coruña), A vella fábrica de lápis (Ferrol) e Altaira (Santiago de Compostela).

A continuación, deixo o listado de ilustracións (e as súas autoras) que van no catálogo.