luns, 15 de marzo de 2021

Acuarela

Imos comezar cunhas clases guiadas de acuarela para o cal precisades ter:

Pincel de acuarela (entre 10 e 16 de tamaño, mellor se son un de cada) 

Trapo (ou papel absorbente) e bote de cristal (hai na aula, pero habería que ir repoñendo algúns, se tedes pola casa serán ben recibidos)

Unha cera branca (tipo Manley)

2 DINA3 (ou 4 DINA4) de papel de acuarela previamente preparados a lapis:

  • 1 DINA3 (ou 2 DINA4 un ao lado do outro) dividido en catro columnas e tres filas (12 recadros) e numerados como se ve na primeira imaxe:

 

 
  • Dous DINA4 cos contornos principais suavemente debuxados (mellor con lapis duro ou medio) do lobo e o camaleón (na aula comezaremos xa a aplicar cor). 


venres, 12 de marzo de 2021

Recuperación da 1ª e 2ª Avaliación

Entrega de traballos pendentes para o alumnado que teña suspensa algunha avaliación por non ter chegado á media de 4 nos traballos do trimestre. 

O alumnado que ten varios exames suspensos e non chega á media de 4 na media dos exames deberá presentarse ao exame final.


 

mércores, 10 de marzo de 2021

Traballo 15. Intervención cromática dun espazo

 

Facer unha proposta cromática para a aula de Debuxo Artístico. Poderá intervirse nas paredes, no teito ou no pavimento, plantexar unha instalación... Poderán empregarse diferentes materiais, se así o precisas: telas, plásticos...

Deberá incluirse unha perspectiva/axonometría do espazo traballado, así como probas de cor, bocetos, detalles... Todo o que consideres necesario para que se entenda a túa proposta. Podes repasar a presentación vista na clase se o precisas.

Tamaño: DINA3. Técnica: libre.

*Para a túa intervención contas con total liberdade, sempre que respectes:
  • a morfoloxía e características da aula: non se poderá alterar a disposición das ventás ou obviar elementos fixos da estancia como as estufas...
  • a actividade que se desenvolve na aula e todo o que eso implica: por exemplo, non sería adecuada unha proposta que obstaculizase a disposición e emprego dos caballetes... Ten en conta a función e o uso que das á túa aula e deseña o espazo en consecuencia.
Data de entrega: luns, 22 de marzo.
 
Se tes interese polo deseño de interiores, podes consultar este enlace á web da EASD Pablo Picasso

A continuación tedes algúns EXEMPLOS de posibles presentacións do traballo (no voso caso, aplicado á aula de debuxo)