martes, 19 de setembro de 2023

"Proxecto Sketchbook" de participación voluntaria

 ("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)


Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 160 ou máis).

ATENCIÓN, cambio de datas da 1ª entrega:
Datas de entrega:Na semana do 5-9 de febreiro: 45 páxinas rematadas

Na primeira semana de abril: 75 páxinas rematadas


Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 1 de novembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos. Na terceira avaliación entregarase (1ª semana de abril) con 75 páxinas (mínimo) rematadas e poderá substituír unha das notas de exame. ATENCIÓN: CAMBIO DE DATA DE ENTREGA FINAL: PASA Á 2ª SEMANA DE ABRIL
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática, a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un enlace a máis debuxos do grupo USK_España



 

Traballo 2. Tinta e augada "Para a cama"


A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.
Data de entrega: na primeira clase de cada grupo en outubro
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores:
















xoves, 7 de setembro de 2023

Traballo 1. Nove obxectos

 

Debuxa nove obxectos cotiáns de xeito realista nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Coida tamén a composición e a limpeza da lámina. Entrega: Cada grupo debe entregarlo una semana después de haber visto las instrucciones en clase (2ºC y 2ºE: martes, 2ºF: miércoles, 2ºD y 2ºG:jueves)

A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:












Benvid@s ao curso 2023 / 2024

Benvid@s á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada (luns?*) haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o (luns?*) seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota). Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén.  Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).

 * Fixarase o día de entrega nos primeiros días de curso para buscar o máis axeitado.