venres, 19 de outubro de 2018

Traballo 5: Debuxo analítico / debuxo sintético

Traballo 5: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado.    Data de entrega: Mércores 31 de outubro.


Aquí tedes uns exemplos:








mércores, 17 de outubro de 2018

Proxecto "Sketchbook"







("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)

Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cincuenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).
Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a grafito, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 1 de novembro, e servirá como traballo cualificable, cada vez que o pida a profesora. Na terceira avaliación (a finais de abril) entregaráse coas 50 follas (mínimo) rematadas e servirá como unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook (ou as do final se así o preferides) recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro.



domingo, 14 de outubro de 2018

Traballo 4. Interpretación dunha obra

Traballo 4. Interpretación, con técnica libre, da obra de Hans Baldung Grien "Retrato dunha dama" (1530). Exame PAU Xuño 2015. Opción A


 
A continuación, algúns dos vosos traballos: 















Información alumnado. Criterios de avaliación, cualificación e promoción.



Recordatorio de inscrición no Certame Hábitat

Alumnado que faltou a clase na última semana con debuxos seleccionados para a participación no Certame Hábitat:
Lembrade que a data límite para cubrir a inscrición online é hoxe, domingo, 14 de outubro.

luns, 1 de outubro de 2018

Traballo 3. "Para a cama"

Traballo 3. "Para a cama". A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.Data de entrega: 15 de outubro
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores: