mércores, 16 de marzo de 2016

Traballo 17 (vacacións Semana Santa)

Estudo da obra de catro ilustradores. Entrega: martes 29 de marzo

Buscar traballos dos seguintes ilustradores, e facer unha análise por escrito das características do seu estilo.
  • Dave McKean
  • Elena Odriozola
  • Takashi Murakami
  • Paula Bonet
Haberá que comentar, polo menos, os seguintes aspectos:
  • Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
  • Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
  • Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
  • Estilo (realista, pop, infantil...)
  • Temática
  • Composición
  • Textura, profundidade, valoración...
  • Simbolismo das imaxes
  • Influencia de estilos artísticos/artistas
E, por último, debedes elixir dous dos ilustradores dados e copiar unha ilustración de cada un, a DINA3. Se non son exactas non hai problema, mentres exploredes as técnicas e estilos de cada un.

martes, 1 de marzo de 2016

Traballo 16: Colección de obxectos.

Os obxectos teñen unha vida, unha historia, e cando os desechamos son condenados a morte. O artista pode dotalos dunha nova vida, convertíndoos na propia obra de arte como fixo Duchamp ou empregándoos como materia a partires da que crear, como Jacqueline Bonacic-Doric ou Fardou Louise Keuning.
Duchamp, M. (1917) Fountain

Para este traballo ides coleccionar materia, apropiarédesvos dos obxectos que atopedes en calquer lugar, cómpre que vos resulten interesantes e suxerintes, que vos inspiren a traballar con eles.


Bonacic-Doric, J. Heroes Yacentes
Tamén precisaredes de materiais cos que debuxar diferentes ós convencionais, polo que ide recompilando cousas que deixen un trazo ou que podan ser un trazo en si mesmo, como o fío.

Fardou Louise Keuning

En conclusión, as tarefas son:

1- Reunir obxectos que vos inspiren.
2 - Reunir materiais que debuxen e non sexan os que adoitades enmpregar.

Tedes toda esta semana para reunilos, o luns 7 empezaremos a traballar con eles.