mércores, 25 de xaneiro de 2017

Traballo 12. Práctica de gradacións en grises

Practica de gradación en grises. Nun DINA3 (ou 2 DINA4) facer unha copia facendo especial fincapé nos grises que presenta a lámina que se vos entregou na clase. Unha copia será en grafito e a outra en tinta (a pincel). O formato de cada copia será DINA4. Data de entrega: luns 6 de febreiro.

Leonardo da Vinci

luns, 16 de xaneiro de 2017

Traballo 11. Interpretación "Fuxindo da crítica I"

Realizar unha interpretación da obra "Huyendo de la crítica I" (1874) de Pere Borrell del Caso (exame PAU setembro 2012, opción A)
DINA3 e técnica libre. Entrega, coma sempre, o vindeiro luns (23/01/17)