martes, 16 de febreiro de 2021

Traballo 14. Retrato "Ilustradas"

 Facer o retrato definitivo da muller elixida, lembrando que: non se pode repetir ningunha das mulleres que aparecen no Catálogo I, que debe ser galega, tamaño DINA3 vertical, técnica libre e haberá que engadir unha breve descrición dos seus méritos. Toda a información (o voso nome e curso, o nome da muller retratada e os seus méritos) deberá ir por detrás e a lapis.

Data de entrega: luns 22 de febreiro (2ºG martes 23)



martes, 9 de febreiro de 2021

Traballo 13. Valoración de clarescuro

Facer un debuxo moi realista dunha tea branca* sobre fondo branco ou neutro (cor plana moi clara) para representar o seu volume a base de mancha (evitar o uso da liña excepto para sombrear, evitar os contornos). Quen vexa moita dificultade facendo esto pode copiar o clarescuro da foto que hai máis abaixo.

Tamaño DINA3. Técnica: grafito ou tinta en augada.

* Para facer o bodegón vale unha saba, trapo liso, camisa... Deberá ser branca e estar situada -con volumes e enrrugas- sobre fondo liso branco ou moi claro. 

Data de entrega: luns, 22 de febreiro

ATENCIÓN: Os que participen no proxecto Sketchbook non teñen que facelo (o seu traballo 13 terá a nota do sketchbook).



domingo, 24 de xaneiro de 2021

Traballo 12. CERTAME ILUSTRADAS II (1ª parte)


Neste curso imos participar no "Certame para a II Edición do Catálogo Ilustradas", que consiste en realizar un retrato de DINA3 (formato vertical) e técnica libre dunha muller galega relevante en calquera campo ou disciplina (Hª, Artes, Letras, Ciencia, Política, Deporte, etc) e que -como ven acontecendo históricamente no caso das mulleres- non tivo/ten a presenza nos medios que tería un home colega de profesión.

Como este é o segundo Catálogo de Ilustradas, non se poderá facer o traballo sobre ningunha das mulleres galegas que aparecen no primeiro (tedes máis abaixo o listado).

TRABALLO 12: Buscar dúas mulleres que cumpran os requisitos das bases do concurso, facer unha breve reseña dos seus méritos e un boceto delas, sinalando a técnica escollida para o retrato final. Tamaño DINA4 (cada unha). Date de entrega: 1 de febreiro (o retrato definitivo farémolo proximamente e será outro traballo de clase)

A promotora do Certame aporta unha serie de nomes de mulleres das localidades dos centros participantes para facilitar a tarefa, pero non hai obriga de elixir unha delas. Podédelas ver accedendo ao seguinte arquivo en Drive

ANEXO 2. Mulleres Galegas que figuraban no I Catálogo Ilustradas (e polo tanto non poden ser retratadas de novo nesta ocasión)

1. Ángeles Alvariño

2. Sofía Casanova

3. Luísa Villalta

4. Marisa Soto

5. Maruja Mallo

6. Emilia Docet

7. Hildegart Rodríguez

8. Concepción Arenal

9. Xulia Vicente

10. Antonia Ferrín Moreiras

11. Cristina Pato

12. Isabel Barreto

13. Narcisa Pérez

14. Fina Casalderrey

15. Emilia Pardo Bazán

16. Luz Casal

17. Begoña Vila

18. María Casares

19. Verónica Boquette

20. Mabel Rivera

21. Carmen Cornes

venres, 15 de xaneiro de 2021

Traballo 11. Poses

Prácticas de debuxo de espido

Nos seguintes enlaces, buscar unha pose e facer un debuxo de espido en DINA3 e técnica seca (grafito, lápices de cores, acuarelables ou conté)

( Poses variadas con consellos de encaixe en inglés)

Daily Life Drawing Session #1

Daily Life Drawing Session #2


Data de entrega: luns 25 (2ºG, mércores 27)

sábado, 9 de xaneiro de 2021

Traballo 10. Anatomía artística

Na lámina DINA3 que se entrega na clase, debuxar o esqueleto na situación correcta dentro do corpo (fronte, espalda e perfil). Aquí tedes un Enlace a unha páxina de Pinterest con ilustracións anatómicas de varios tipos e un enlace para consultar información sobre o esqueleto e a musculatura. Técnica: lapis de cor fría (azul, violeta...). Data de entrega: luns 18.



luns, 14 de decembro de 2020

Traballo de Nadal. Mans e pés

Cinco debuxos realistas a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é imprescindible.
Data de entrega: Luns, 11 de xaneiro. 

Boas vacacións a todas e todos!!!

A continuación, algúns dos mellores debuxos entregados por vós:























Traballo 8. Interpretación

 PAU 2003. Setembro. Opción 2. Nun DINA3 e con técnica libre, realizar unha composición interpretando gráficamente o texto seguinte:

"Pouco a pouco a primavera deu paso ós días longos, calorosos e cegadores do verán; as cigarras, renxentes e excitadas polo cambio, facían tremer a illa enteira cos seus berros. No campo comezaba a encherse o millo, os sedosos pelos do millo pasaban do castaño ao loiro; cando rasgando a envoltura de follas cravabas o dente nas ringleiras de grans nacarados, un zume coma leite saltábache á boca"

Gerald Durrell "A miña familia e outros animais" 

Este traballo poderase entregar o vindeiro luns 21 de decembro ou á volta das vacacións xunto co traballo de Nadal (11 de xaneiro)

mércores, 9 de decembro de 2020

Leis da Percepción. Material auxiliar

Leis da percepción. Presentación

Leis da percepción. Vídeo

Proxecto "Sketchbook" de participación voluntaria

 



("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)



Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).


Datas de entrega:

08/02/21: 28 páxinas rematadas

19/04/21: 66 páxinas rematadas
Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 14 de decembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos (a profesora indicará a cal). Na terceira avaliación entregarase (19-20 de abril) con 66 páxinas (mínimo) rematadas e servirá como unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática, a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un enlace a máis debuxos do grupo USK_España



 

martes, 1 de decembro de 2020

Traballo 7. Liñas e tramas

Haberá que entregar dúas prácticas de liña a tinta (boli, plumilla, pluma, rotulador...) en formato DINA3. Data de entrega: Mércores, 9 de decembro.

Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros cantas máis liñas se crucen para formar a trama).

Na segunda lámina DINA3, en tinta tamén, hai que facer un debuxo libre (bodegón, retrato, paisaxe...) onde o claroscuro sexa resolto a base de tramas de liñas paralelas entre si, como as practicadas na lámina primeira.

Aquí tedes algúns exemplos por se axudan a aclarar o exercicio:




E se quedades con ganas de máis liña, aconsello a seguinte práctica (non obrigatoria, pero si moi aconsellable) para practicar diferentes tipos de tramas a liña: