martes, 18 de setembro de 2018

Traballo 2. Práctica de cor_Certame Hábitat


Para o segundo traballo, teredes que presentar (como mínimo) dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat.
Entrega: luns , 1 de outubro.
  • Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
  • A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
En cada debuxo representaredes a un exemplar das seguintes especies:
  1. Chuchameles ( Lonicera periclymenum)
  2. Caracol de Quimper ( Elona quimeriana)
  3. Gato bravo ( Felis sylvestris)
  4. Señoriña dos brañais ( Euphydryas aurinia)
  5. Avelaíña ( Lasiocampa quercus)
  6. Leirón careto (Eliomys quercinus)
  7. Sapiño comadrón ( Alytes obstetricans)
  8. Gaio (Garrulus glandarius)
  9. Azor (Accipiter gentilis)
  10. Ferreiriño rabilongo (Aegithalus caudatus)
  11. Ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus)
  12. Acivro (Ilex aquifolium)
  13. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus)
  14. Estripeiro (Crataegus monogyna)
  15. Bugallo ( Andricus kollari)
  16. Cárabo galego (Carabus galicianus)
Por detrás de cada debuxo, a lapis, deberá indicarse:
  • Nome e apelidos completos do autor/a
  • Título da obra
  • Especie elixida 
Se queredes participar no certame, despois de entregados os traballos na aula, teredes que facer unha inscrición online, déixovos aquí o enlace ás Bases do certame e ao formulario de inscrición.

venres, 14 de setembro de 2018

Traballo1. Nove obxectos cotiáns

Traballo 1. Debuxa nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Entrega: 24 de setembro (excepto alumnado de 2ºF que poderá entregalo o 1 de outubro, xunto co traballo 2)
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:












xoves, 13 de setembro de 2018

COMEZO DO CURSO 2018 / 2019


Benvidas e benvidos á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada luns haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o luns seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota)  Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén.  Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).