Traballo 6. Exame PAU Xuño2010. Opción1, exercicio 1.
Realizar un debuxo onde interveñan como mínimo tres elementos dun taller
mecánico, elixidos de entre os seguintes: caixa de ferramentas, tarro
de pintura, roda dun coche e cono de situación. Un dos obxectos deberá
estar solapado e todos estarán dispostos nunha superficie horizontal. A
organización do debuxo e a súa composición fundamentaranse na situación
espacial dos obxectos, nas súas proporcións e nas relacións de
claroscuro. DINA3. Grafito
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
luns, 30 de outubro de 2017
xoves, 26 de outubro de 2017
luns, 23 de outubro de 2017
Traballo 5. Interpretación
Traballo 5. Interpretación, con técnica libre, da obra de Francisco de Goya "Majas en el balcón" (1808). Exame PAU Xuño 2012. Opción B. DINA3
venres, 20 de outubro de 2017
Titoriais de valoración de sombras
Como sabedes, a valoración consiste no tratamento de luces e sombras
nun debuxo. Para repasar algúns conceptos básicos do tema, déixovos aquí
os seguintes enlaces:
http://es.slideshare.net/mabel12/claroscuro-12340175?qid=d337e527-328d-44dc-80fe-7381176fa900&v=qf1&b=&from_search=3
http://es.slideshare.net/konbob/luz-y-volumen-8281606?next_slideshow=1
http://es.slideshare.net/konbob/luz-y-volumen-8281606?next_slideshow=1
luns, 16 de outubro de 2017
Traballo 4: Bodegón + síntese
Traballo 4: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña
(cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un
debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a
perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha
síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón:
emprega o menor número de
liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á
expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un
punto de vista máis elevado.
Aquí tedes uns exemplos:
Aquí tedes uns exemplos:
luns, 9 de outubro de 2017
Fundamentos de debuxo artístico
Vista a necesidade de parte do alumnado de "repasar" os fundamentos do debuxo, colgarei aquí algúns enlaces para que os miredes nun ordenador.
http://es.slideshare.net/ROMBICO/nociones-del-dibujo-a-mano-alzada
http://es.slideshare.net/Arquigirlkat/4-curso-de-dibujo-artstico-autodidctico?next_slideshow=2
http://www.laescuelavirtual.com/cursodedibujoalapiz/dibujolapizleccion07.htm
http://es.slideshare.net/ROMBICO/nociones-del-dibujo-a-mano-alzada
http://es.slideshare.net/Arquigirlkat/4-curso-de-dibujo-artstico-autodidctico?next_slideshow=2
http://www.laescuelavirtual.com/cursodedibujoalapiz/dibujolapizleccion07.htm
luns, 2 de outubro de 2017
Traballo 3. "Para a cama"
Traballo 3. "Para a cama". A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar,
nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco
obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama. Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores:
luns, 25 de setembro de 2017
Traballo 2. Práctica de cor: certame do grupo naturalista Hábitat
Para o segundo traballo, teredes que presentar (como mínimo) dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat (bases) Entrega: luns , 30 de setembro.
- Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
- A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
- Merlo rieiro / Cinclus cinclus
- Rascón / Rallus aquaticus
- Ouriolo / Oriolus oriolus
- Lavandeira real / Motacilla cinerea
- Auganeira / Galemys pyrenaicus
- Rata de auga / Arvicola sapidus
- Morcego de Daubenton / Myotis daubentonii
- Dentesil / Osmunda regalis
- Freixo común / Fraxinus excelsior
- Abeleira / Corylus avellana
- Ra verde / Pelophylax perezi
- Boga / Chondrostoma polylepis
- Gaiteiro azul / Calopteryx virgo
- Libeliña do luscofusco / Boyeria irene
- Mosca da pedra / Dinocras cephalotes
- Mosca de maio / Ephemera danica
- Nome e apelidos completos do autor/a
- Título da obra
- Especie elixida
luns, 18 de setembro de 2017
COMEZO DO CURSO 2017 / 2018
Benvidas e benvidos á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada luns haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o luns seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota) Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén. Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























