mércores, 11 de setembro de 2024

Traballo 2 _ Certame Hábitat

Como práctica de cor, vas realizar un debuxo (ou máis de un se queres) seguindo as instrucións do Certame do Grupo Naturalista Hábitat. 

Tamaño DINA4. Entrega o luns 30/09 ou martes1/10 (1ª clase da semana). Técnica libre (pero recoméndase empregar lápis de cor ou lápis de cor acuarelable).

Aquí tes as Bases do Certame e lembra que se queres participar realmente no certame terás que inscribirte online no seguinte ENLACE

Para facilitar o traballo poño aquí o listado de especies a elixir:

  1. Paxara (Aglais io)

  2. Caracoleiro espiñento (Cychrus spinicollis)

  3. Lique de barba (Usnea hirta)

  4. Loureiro (Laurus nobilis)

  5. Morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros)

  6. Pato chupón europeo (Aythya ferina)

  7. Píllara dourada europea (Pluvialis apricaria)

  8. Tordo real (Turdus pilaris)

  9. Úbalo común (Spinus spinus)

  10. Bufo pequeno (Asio otus)

  11. Armiño (Mustela erminea)

  12. Furafollas pequeno (Sorex minutus)

  13. Ra vermella (Rana parvipalmata)

  14. Marteliños (Narcissus cyclamineus)

  15. Violeta brava (Viola riviniana)

  16. Abruñeiro (Prunus spinosa)

    Algúns exemplos de debuxos de cursos anteriores:



















     

     

     

Traballo 1. Nove obxectos a grafito

 

Debuxa nove obxectos cotiáns de xeito realista nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Coida tamén a composición e a limpeza da lámina. Entrega: Cada grupo debe entregalo na primeira clase que teña na semana do 23 de setembro (luns 23 ou martes 24 dependendo do grupo).

*ATENCIÓN: O alumnado participante no intercambio con Italia poderá entregar o Traballo 1 ata unha semana máis tarde (o mesmo día da entrega do Traballo 2)

A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:












Benvida curso 2024 - 2025

 

Benvid@s á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada (luns?*) haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o (luns?*) seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota). Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén.  Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).

 * Fixarase o día de entrega nos primeiros días de curso para buscar o máis axeitado.